Estatutos


ESTATUTOS DO ATENEO ATLÁNTICO

CAPÍTULO I.- Da Asociación en Xeral

 
Artigo 1.- Coa denominación de ASOCIACIÓN ATENEO ATLÁNTICO fundouse en Vigo, o 19 de xullo de 2.017 unha Asociación, con seus Estatutos ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo e normas complementarias. A Asociación Ateneo Atlántico ten capacidade xurídica e plena capacidade de obrar e carece de ánimo de lucro.
 
Artigo 2 .- A Asociación Ateneo Atlántico constitúese por tempo indefinido e rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
 
Artigo 3.- Fins e actividades.
3.1.- Son fins da Asociación Ateneo Atlántico:
  1. O fomento e a difusión da cultura na súas diversas manifestacións favorecendo a renovación dos medios tradicionais de planificar, divulgar e organizar programas culturais, así coma xerar novas ideas que activen os procesos de creación cultural e a súa difusión no noso entorno. 
  2. Ampliar a interrelación, a cooperación e o intercambio entre os profesionais da xestión cultural da nosa comarca nas súas distintas adscripción: culturais, socio-culturais e formativas. 
  3. A defensa e promoción dos valores democráticos e dos dereitos humanos poñendo en práctica os principios de liberdade, xustiza, ecoloxismo, solidariedade, igualdade e diversidade. 
  4. A creación dun punto de encontro social que posibilite un espazo de reflexión no que prime a liberdade de expresión, o respecto, o compromiso cívico e o sentido crítico. 
  5. A reflexión intelectual, cultural, científica e social.
3.2 .- Actividades da Asociación Ateneo Atlántico:
  1. Organización de conferencias e debates sobre os diversos aspectos relacionados cos fins da asociación. 
  2. Desenvolvemento de seminarios e obradoiros. 
  3. Realización de exposicións, representacións, eventos e certames organizados pola propia asociación o en colaboración con outras iniciativas culturais ou sociais do entorno. 
  4. Paseos culturais, guiados por profesionais, sobre aspectos históricos, sociais, científicos, medioambientais, etc. 
  5. Organización de encontros e viaxes que faciliten acadar os fins do Ateneo Atlántico. 
  6. Constitución dun Cineforum. 
  7. Creación dun club literario 
  8. Presentación e edición de libros de poesía, relatos, ensaio, etc.
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre as persoas asociadas nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo
 
Artigo 4.- O domicilio actual da Asociación Ateneo Atlántico está na rúa Doutor Cadaval 17, baixo, 36202, Vigo. O teléfono do Ateneo Atlántico será o 696 85 69 47. O Ateneo poderá celebrar as actividades noutros locais da cidade que lle sexan cedidos por outras entidades culturais, financeiras, asociativas, etc. (Artigo modificado en asemblea extraordinaria de 13 de decembro de 2019)

Artigo 5.— Ámbito de actuación: A Asociación Ateneo Atlántico en función dos seus fins e da localización do seu domicilio social, exercerá as súas actividades no ámbito do Concello de Vigo.

CAPITULO ll.- Dos asociados y asociadas 


Artigo 6.- Poderán ser integrantes da Asociación Ateneo Atlántico todas as persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar que reúnan os seguintes requisitos e sexan admitidos no seo da Xunta Directiva:
  1. Estar interesadas no desenvolvemento dos fins da Asociación Ateneo Atlántico. 
  2. Solicitar a admisión, facilitando os datos necesarios, enderezo , conta bancaria, etc. 
  3. Calquera outro que poida fixar a Asemblea Xeral. 
  4. As persoas físicas maiores de idade ou menores emancipados con capacidade de obrar e non estar suxeitas a inhabilitación ou condición legal para o exercicio do dereito. 
  5. As persoas xurídicas de natureza asociativa requerirán o acordo expreso do seu órgano competente, e as de natureza institucional, o acordo do seu órgano reitor.
Artigo 7.- A condición de persoa asociada perderase por causa de:
  1. Vontade propia, comunicada por escrito á Xunta Directiva con efectos desde a data da súa presentación. 
  2. Falta de pagamento de dúas cotas trimestrais, unha semestral ou anual. A persoa que perdese a súa condición de asociada polo suposto de impago, poderá ser rehabilitada na súa condición de asociada, se no prazo de seis meses desde a notificación abonase as cotas pendentes de pago. 
  3. Por incumprimento dos presentes estatutos ou dos acordos validamente adoptados, así como pola realización de accións que danen gravemente os intereses da Asociación. 
  4. Expediente disciplinario. 
  5. Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
Artigo 8.- A expulsión das persoas asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado. En todo caso, o acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral e contra del pódese recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Artigo 9.- A separación temporal dun asociado/a pódese producir:
  1. A petición persoal do asociado/a por escrito. 
  2. Polo acordo da Xunta Directiva, ben por motivos de ter aberto un expediente de sanción, ben pola falta de pago de cotas ou ben por comportamentos que afecten á boa marcha dalgún dos fins da Asociación.
Artigo 10.- Clases de persoas asociadas: No seo da Asociación Ateneo Atlántico poden convivir as seguintes clases de asociados/as:
  1. Socios/Socias fundadores/fundadoras. 
  2. Socios/Socias de número, que serán os que ingresen despois da constitución da Asociación. 
Artigo 11.- Asociados/as de número e fundadores/as teñen os seguintes dereitos:
  1. Tomar parte en calquera actividade que a Asociación organice en cumprimento dos seus fins. 
  2. Beneficiarse de todas as vantaxes que a Asociación poida proporcionar. 
  3. Participar nas Asembleas, con voz e voto, así como ser elector e/ou elixíbel para os cargos dos órganos de goberno. 
  4. Recibir información sobre os acordos polos órganos da Asociación, así como sobre a información máis salientable da planificación e do orzamento e as súas respectivas execucións. 
  5. Acceder á documentación da Asociación a través dos órganos de representación. 
  6. Ser oídas con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra elas e ser informadas dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción. 
  7. Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos. 
  8. Facer suxestións aos membros da Xunta Directiva en orde a mellorar o cumprimento dos fins da Asociación. 
  9. Aqueles outros que sexan recollidos na lexislación vixente. 
Artigo 12.-Os/as socios/as de número e fundadores/as teñen as seguintes obrigas:
  1. Cumprir os presentes Estatutos e os acordos válidos das Asembleas e da Xunta Directiva 
  2. Prestar cantos servizos determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime interno e os acordos das Asembleas Xerais. 
  3. Desenvolver as obrigas inherentes ao cargo que se ocupe. 
  4. Satisfacer as cotas ordinarias ou extraordinarias que se establezan pola Asemblea. 
  5. Aquelas outras que sexan recollidas na lexislación vixente.


CAPITULO III.- Do funcionamento asociativo


RÉXIME XERAL
Artigo 13.- A Asociación Ateneo Atlántico rexerase segundo os presentes estatutos, sempre que os seus contidos non se opoñan ás leis nin contradigan os principios contidos na Lei Orgánica 1/2002 e o seu desenvolvemento regulamentario.

Artigo 14.- O goberno e a representación da Asociación Ateneo Atlántico están a cargo dos seguintes órganos:
  1. A Asemblea Xeral, como máximo órgano colexiado da Asociación. 
  2. A Xunta Directiva, como órgano colexiado en quen a Asemblea delega o goberno permanente da Asociación. 
  3. A Presidencia, vicepresidencia, secretaría e a tesourería, como órganos unipersoais e con funcións de goberno e de representación determinadas polos Estatutos. 

ASEMBLEA XERAL

Artigo 15.- A Asemblea Xeral é o órgano de expresión da vontade da Asociación Ateneo Atlántico, estará integrada por tódolos/as asociados/as con dereito a voto e tomará os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia interna. O presidente/a e o secretario/a serán os mesmos da Xunta Directiva. 

Artigo 16.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano. As reunións con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, o considere o/a Presidente/a ou o soliciten o 10% dos/das asociados/as. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente/a, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 17.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente dentro dos tres meses seguintes ao peche do exercicio. Tanto a Asemblea Ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo Presidente/a da Xunta Directiva, enviándose notificación ao enderezo dos/das asociados/as. Na convocatoria han de aparecer o lugar, data e hora da xuntanza, así como a orde do dia con expresión concreta dos temas a tratar e os anexos que procedan. Tamén ha de sinalarse á hora da segunda convocatoria, que como mínimo terá que separarse media hora da primeira. A documentación e información sobre as materias incluídas na orde do día, estará a disposición das persoas asociadas na secretaría da asociación, cunha antelación mínima de quince días naturais á celebración da Asemblea.

Artigo 18.- Para que as Asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as asociados/as asistentes, sempre que concorran un terzo do total con dereito a voto na primeira convocatoria ou, pasado o prazo estipulado, con calquera número de asociados/as con dereito a voto en segunda convocatoria. En todo caso, terán que estar presentes as persoas que ostentan a presidencia e a secretaría ou persoas que as substitúan.

Artigo 19.- Os asociados/as poderán outorgar a súa representación, aos efectos de asistir ás Asembleas Xerais, en calquera outro socio/a. Tal representación, outorgarase por escrito, e deberá obrar en poder de Secretario de Asemblea polo menos media hora antes de celebrar a sesión.

Artigo 20.— Son competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
  1. Aprobar o plan de actuación proposto pola Xunta Directiva, así como examinar e aprobar a Memoria de xestión correspondente. 
  2. Aprobar o Orzamento proposto pola Xunta Directiva, así como examinar e aprobar os Balances e as Contas anuais do exercicio anterior 
  3. Fixar as cotas ordinarias e extraordinarias 
  4. Aprobar o Regulamento de Réxime Interno da Asociación Ateneo Atlántico. 
  5. Solicitar a declaración de utilidade pública da Asociación Ateneo Atlántico. 
  6. As demais que resulten dos Estatutos e non estean expresamente asinadas á Asemblea Xeral Extraordinaria ou á Xunta Directiva. 

Artigo 21.- Os acordos tomaranse por maioría simple dos asociados/as presentes ou representados cando os votos afirmativos superen os negativos, non sendo computables os votos en branco nin as abstencións. Será preciso maioría cualificada dos presentes ou representados, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade destes, para os apartados comprendidos entre o b) e o g) do artigo 22. A continuación levaranse os acordos ó libro de Actas e asinará o/a Presidente/a e o/a Secretario/a da Asemblea. A acta será Iida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría simple. Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a todas as persoas asociadas, incluso as non asistentes.

Artigo 22.- Son competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria  
  1. Elixir e cesar os integrantes da Xunta Directiva.
  2. Aprobar a federación con outras asociación.
  3. Modificar os Estatutos da Asociación Ateneo Atlántico.
  4. Disolver a Asociación e designar os liquidadores.
  5. Expulsar a socios/as a proposta da Xunta Directiva.
  6. Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
  7. Solicitar a declaración de Asociación de Utilidade Pública.

Artigo 23.- Os acordos que vaian contra destes Estatutos ou dos fins da Asociación Ateneo Atlántico, poderán ser recorridos en reposición perante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición quedará aberta a vía para recorrer diante da xurisdición ordinaria.


XUNTA DIRECTIVA

Artigo 24.- A Asociación Ateneo Atlántico será xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada polos cargos unipersoais encargados da Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría, Tesourería e de 4 a 12 Vocais. Os cargos unipersoais deberán ser asociados maiores de idade, en pleno uso dos seus dereitos civís que non estean incursas en motivos de incompatibilidade legalmente establecidos e exercer o cargo sen remuneración ningunha sen prexuízo do dereito ao reembolso dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación. Os cargos serán designados e revogados pola Asemblea Xeral Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de dous anos, podendo ser novamente elixidos por decisión de Asemblea Xeral ate un máximo de dúas ocasións con un máximo total continuado de seis anos. 

Artigo 25.- Os cargos da Xunta Directiva poderán causar baixa por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, por incumprimento das obrigas que tiveran encomendadas e/ou por expiración do seu mandato, Neste último caso, continuarán nos seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación dos que os substitúan. Outras circunstancias motivo de cese son: Morte ou declaración de falecemento, incapacidade, inhabilitación ou incompatibilidade, resolución xudicial e perda da condición de persoa asociada.

Artigo 26.- As vacantes que se puideran producir na Xunta Directiva cubriranse provisionalmente por designación desta ata que a Asemblea Xeral elixa os novos membros.

Artigo 27.- A Xunta Directiva reunirase con carácter ordinario unha vez ao trimestre e con carácter extraordinario cantas veces o determine o Presidente/a, a iniciativa propia ou a instancia de calquera dos seus compoñentes. En calquera situación, a petición de tres dos seus membros. A convocatoria realizarase como mínimo con tres días de antelación mediante citación persoal na que se recollerá a orde do dia. No caso de ausencia inxustificada de calquera membro da Xunta Directiva por tres veces consecutivos procederase a súa destitución.
A Xunta Directiva quedará constituída cando asista a metade mais un dos seus membros e, para que os seus acordos sexan válidos, deberán ser tomados por maioría de votos. No caso de empate, o voto do Presidente/a será de calidade. 

Artigo 28.- As facultades da Xunta Directiva estenderanse, con carácter xeral , nos actos propios dos fins da Asociación Ateneo Atlántico, sempre que non requiran, segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral. En particular son facultades da Xunta Directiva:
  1. Dirixir as actividades sociais, levar a xestión económica e administrativa da Asociación e acordar realizar os oportunos contratos e actos. 
  2. Convocar as Asembleas Xerais e executar os acordos nela acadados. 
  3. Formular e someter á aprobación do Asemblea Xeral o Plan de actuación proposto pola Xunta Directiva, así como a Memoria da xestión correspondente. 
  4. Formular e someter á aprobación de Asemblea Xeral o Orzamento do exercicio, así como os balances de contas anuais do exercicio pechado. 
  5. Resolver sobre a admisión de novos asociados. 
  6. Crear Comisións de traballo coa fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades. 
  7. Nomear delegados para determinadas actividades da Asociación. 
  8. Interpretar os Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno e velar polo seo cumprimento. 
  9. Ditar normas de funcionamento non contemplados no Regulamento de Réxime Interno. 
  10. Convocar e fixar as datas das Asembleas. 
  11. Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para as persoas asociadas 
  12. Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan. Calquera outra facultade que non sexa exclusiva competencia da Asemblea Xeral de socios. 

Artigo 29.- A asociación Ateneo Atlántico disporá dos seguintes documentos, que estarán a disposición de todas as persoas asociadas:
  1. Unha relación actualizada de asociados e asociadas. 
  2. Documentación contable que permitan obter a imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situación financeira da entidade, así como das actividades realizadas. Tal contabilidade levarase de conformidade coa normativa específica que resulte de aplicación
  3.  Inventario dos seus bens. 
  4. Libro de actas das reunións dos seus órganos de goberno e representación. 

Artigo 30.- O/A Presidente/a terá as seguintes atribucións:
  1. Ostentar a dirección da Asociación velando polo cumprimento dos seus fins. 
  2. Representar legalmente á Asociación ante toda clase de organismos públicos ou privados. 
  3. Convocar, presidir e rematar as sesións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva, así como dirixir as deliberacións que nelas se produzan. 
  4. Ordenar pagos e autorizar coa súa sinatura os documentos, actas, certificacións e correspondencia xunto coa persoa que ostenta a secretaría ou membro da Xunta Directiva a que lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
  5.  Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle no desenvolvemento das súas actividades e resulte necesaria ou conveniente, sen prexuízo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva. 

Artigo 31.- O/A Vicepresidente/a asumirá as funcións que nelas delegue o/a Presidente/a substituíndoo, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

Artigo 32.-O/A Secretario/a terá as seguintes atribucións:
  1. Ostentar a dirección dos traballos administrativos da Asociación Ateneo Atlántico. 
  2. Custodiar e levar os libros de actas e de rexistro de socios/as, documentos e selos da Asociación. 
  3. Estender as convocatorias o as actas das reunións ademais de expedir as certificacións das mesmas co visto e prace do presidente. 
  4. Comunicación sobre designación de Xuntas Directivas e demais acordos sociais inscribibles aos Rexistros correspondentes, así coma a presentación das contas anuais e o cumprimento das obrigas documentais nos termos que legalmente correspondan. 
  5. Tramitar as solicitudes de ingreso na asociación e formalizar as inscricións de altas e baixas das persoas asociadas. 
  6. Redactar o inventario de bens da Asociación. 
  7. A persoa que ostenta a secretaría, nos casos de ausencia ou enfermidade, será substituida por outro membro da Xunta Directiva designado pola persoa que ostenta a Presidencia. 

Artigo 33.-O/A Tesoureiro/a terá as seguintes atribucións:
  1. Ostentar a dirección dos traballos de xestión económica da Asociación Ateneo Atlántico. 
  2. Custodiar e levar os libros de contabilidade e os inventarios, así como todos documentos económicos necesarios para a elaboración das contas e balances. 
  3. Preparar os orzamentos, as Contas anuais e os Balances para a súa presentación diante da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral. 
  4. Recadar e custodiar os fondos pertencentes á Asociación Ateneo Atlántico. 
  5. Dar cumprimento ás ordes de pago que expida o/a Presidente/a. 
  6. Intervir coa súa sinatura todos os documentos de cobros e pagos co visto e conforme da presidencia. 

Artigo 34.- Os vogais terán as obrigas propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, así como as que nazan das delegación ou comisión de traballo que a propia Xunta encomende.



CAPÍTULO IV.- Réxime económico. 

Artigo 35 .- A Asociación Ateneo Atlántico é unha entidade sen ánimo de lucro. Os posibles beneficios obtidos por mor da súas actividades económicas, incluíndo as prestacións de servizos, deberán destinarse, exclusivamente, ao cumprimento dos seus fins. 

Artigo 36.- O patrimonio da Asociación Ateneo Atlántico, no momento de iniciar as súas actividades, é de 800 euros.

Artigo 37.- 0 exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano.

Artigo 38.- O Orzamento da Asociación Ateneo Atlántico será anual, tendo que ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria de inicio do exercicio. Asemade, a liquidación do Orzamento terá que ser presentado na Asemblea Xeral Ordinaria inmediatamente posterior ao remate do exercicio.

Artigo 39.- Anualmente e con referencia ao último día do exercicio económico de cada ano, practicarase o inventario e balance de situación, que se formalizará nunha memoria que será posta á disposición dos/as socios/as, durante un prazo non inferior aos quince días ao sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.

Artigo 40.-Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins ou actividades da Asociación Ateneo Atlántico serán os seguintes:
  1. As cotas ordinarias dos/as asociados/os. 
  2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea Xeral. 
  3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares. 
  4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación. 
  5. As achegas voluntarias, que se considerarán como préstamos sen xuros, reintegrables nos termos que se pacten. 
  6. Calquera outro recurso lícito. 

Artigo 41.- Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación Ateneo Atlántico teña depositados os mesmos, deberán ter recoñecidas as firmas o/a Presidente/a, o/a Vicepresidente/a, o/a Secretario/a e o/a Tesoureiro/a, para o emprego conxunto de dúas delas.

Artigo 42.- A disposicións dos bens patrimoniais que se aproben regulamentariamente,han de ser aprobados pola Asemblea Xeral.



CAPÍTULO V.- Do regulamento de réxime interno

Artigo 43.- Por acordo da Asemblea Xeral pode aprobarse un regulamento de réxime interno, que desenvolverá aquelas materias non contempladas nestes estatutos.
O funcionamento interno da Asociación Ateneo Atlántico estará sometido ao ordenamento xurisdicional civil. 



CAPITULO VI.- Da modificación de Estatutos e Disolución


Artigo 44.- Os presentes Estatutos da Asociación Ateneo Atlántico, poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou un cuarto dos/das asociados/as.
A convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria terá a modificación dos Estatutos como único punto da orde do día e estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 10 días para que calquera socio/a poida dirixir á Xunta Directiva as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán postas a disposición cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.
A aprobación da modificación dos Estatutos acordarase pola maioría cualificada dos/as socios/as presentes ou representados/as. 

Artigo 45.- A Asociación Ateneo Atlántico disolverase polos seguintes causas:
  1. Pola vontade dos asociados/as acordada pola maioría cualificada das persoas presentes ou representadas en asemblea xeral extraordinaria. 
  2. Por causas determinadas legalmente no art. 39 do Código Civil. 
  3. Por sentenza xudicial. 

Artigo 46.- Acordada a disolución da Asociación Ateneo Atlántico, ábrese o período de liquidación, ata o fin do cal a entidade conservará a súa personalidade xurídica.
A Asemblea Xeral Extraordinaria designará dous asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente/a e o/a Tesoureiro/a procederán a concretar a liquidación dos bens pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante. Este doarase a outra entidade de carácter non lucrativo inscrita na Comunidade Autónoma de Galicia que teña os mesmos ou similares fins cós desta Asociación. Os liquidadores solicitarán a baixa da asociación e cancelación de asentos rexistrais.
O xustificante de doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para a inscrición de disolución da Asociación. 


DISPOSICIÓN ADICIONAL:
En todo canto non estea previsto nos presentes Estatutos se aplicará a Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación e demáis disposicións complementarias


Vigo, 19 de Xullo de 2.017
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/